Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.774

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de outubro de 2001 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2001 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica e as asociacións e fundacións con fins pedagóxicos.

Por Orde do 23 de maio de 2001 (DOG do 8 de xuño) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2001 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica e as asociacións e fundacións con fins pedagóxicos.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322I.480.0, as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-O pagamento das axudas económicas farase, unha vez realizada a debida xustificación. A xustificación farase por actividade, segundo a cantidade asignada pola comisión de selección.

Terceiro.-Amplíase o prazo de xustificación sinalado no punto 11 da convocatoria ata o 30 de outubro de 2001, para as actividades que finalicen ata o 30 de setembro incluído, e mantense o 5 de decembro de 2001 para as actividades realizadas entre o 1 de outubro e o 4 de decembro incluídos.

Cuarto.-Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das axudas económicas concedidas, reunirase a comisión para face-la avaliación destas.

Quinto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Sexto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) que modifica a Lei 30/1992, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2001

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Nome do MRP ou asociaciónCantidade asignada

(Pesetas)

Asociación de directores da bisbarra de Santiago363.000

Asociación de directores de C. Públicos de A Coruña222.000

Nova Escola Galega1.128.000

Asociación sociopedagóxica galaico-portuguesa (ASPGP)885.000

Federación do ensino de CC.OO.748.000

Aula Castelao de filosofía de Pontevedra222.000

Asociación-MRP Dolmen525.000

Asociación de ensinantes do Salnés (Candea)485.000

Asociación Escola para todos422.000

Asociación cultural Matinando122.000

Sindicato de traballadores do ensino de Galicia (STEG)283.000

Asociación de profesores de francés de Galicia222.000

Asociación de profesores especializados en técnicas de audición e linguaxe (Agpetal)63.000

Fundación Quinesia200.000

Asociación sociopedagóxica galega (ASPG)1.500.000

Asociación galega de docentes de Educación Física141.000

Colexio de doutores e licenciados de Ourense405.000

Asociación galega de profesores de español Álvaro Cunqueiro122.000

Confederación intersindical galega do ensino (CIG-Ensino)1.427.000

Escola viva1.500.000

Instituto galego de sociopedagoxía665.000

Asociación-MRP Lucus283.000

Asociación de profesores de inglés de Galicia (Apiga)405.000

MRP APJEGP 887.000

MRP-Universidade popular de Corcubión443.000

Seminario galego de educación para a paz625.000

Asociación cultural Aceimar485.000

Asociación pedagóxico-cultural Soutullo222.000

Suma total:15.000.000