De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.
Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.
O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento por la vía de constrinximento.
Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.
Lugo, 24 de agosto de 2001.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente nº: P-270/2000.
Denunciado: Fernando Barro Vázquez.
DNI: 47614280-W.
Enderezo: Buenestar, nº 50-7º-1. Corvella de Llobregat-Barcelona.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial sen estar en posesión da preceptiva licencia, así como non respecta-las prescricións especiais dictadas pola Consellería de Medio Ambiente para determinados treitos ou masas de auga, ó estar nun tramo non autorizado para ciprínidos (enriba da ponte antiga da estrada de Monforte de Lemos). Feitos constatados o día 6-9-2000, ás 12.45 h no río Miño-encoro dos Peares; Ribas de Miño. O Saviñao. Lugo.
Precepto sancionador: artigo 34.1º, 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación: menos grave.
Sanción: 60.000 pesetas de multa.
Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.