Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/291-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1960, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36000 Vigo.

Denominación: variante LAT Atios-O Rosal.

Situación: concellos do Porriño e Tui.

Características técnicas: LAT, a 132 kV, con conductor tipo LA 180, de 564/658 m de lonxitude,

desde os apoios 10 e 14 ata os apoios 12 e 16, da LAT Atios/O Rosal, nos concellos do Porriño e Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 3 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra