Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Bemil.
Situación: Caldas de Reis.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 8 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T.S. existente ó C.D. As Veigas de Almorzar-Canle, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta nomeado Bemil, no concello de Caldas de Reis, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados
establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 3 de setembro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra