Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: variante L.M.T. a C.T. Borreiros.
Situación: Abegondo.
Descricións técnicas: recuamento L.M.T. aérea a subterránea a 15/20 kV, de 131 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 95 mm Al, nun tramo da L.M.T.A. Abegondo a C.T. Borreiros. Concello de Abegondo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 6 de setembro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña