Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, a asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía, da obra autovía Ferrol-Vilalba, treito: enlace núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez-Cabreirós. (Clave GA/00/77.1).

Orzamento: 85.964.410 pesetas (oitenta e cinco millóns novecentas sesenta e catro mil catrocentas dez pesetas), equivalentes a 516.656,51 euros.

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 49 86, telefax: 981 54 47 91.

2. Procedemento de adxudicación.

Concurso aberto.

3. Lugar de ejecución.

Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a), b).

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio.

É a indicada no punto 5 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Observarase o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato.

16 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o indicado no punto 1.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/ en Copy Nino, na rúa Xeneral Pardiñas nº 2; teléfono 981 58 89 38.

b) Data límite para a presentación de proposicións:

3 de decembro de 2001, ás 12 horas.

9. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 14 de decembro de 2001, ás 11 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (1.719.288 pesetas), equivalente a 10.333,13 euros.

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de adxudicación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase segundo o establecido no parágrafo 11 do prego de cláusulas técnicas particulares.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo o Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria.

A solvencia económica ou financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

17. Data de envío do anuncio.

11 de outubro de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

11 de outubro de 2001.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda