Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.634

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2001 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a José Ramón Garitaonaindia de Vera.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 6 de outubro de 2000 (BOE do 26 de outubro), para a provisión da praza número 00/052, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de José Ramón Garitaonaindia de Vera, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Ramón Garitaonaindia de Vera profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 24 de setembro de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña