Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.633

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2001 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 00/034, de catedrático de universidade convocada por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que terá que resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 00/034, convocada por resolución do 11 de xullo de 2000 (BOE do 1 de agosto), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 19 de setembro de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: filosofía do dereito.

Praza nº: 00/034.

Comisión titular.

Presidente: Ollero Tassara, Andrés, catedrático de universidade. Universidade Rey Juan Carlos.

Secretario: Montoro Ballesteros, Manuel Alberto, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Vocais: Hernández Marín, Rafael Luis, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

López Moreno, Ángeles, catedrática de universidade. Universidade complutense de Madrid.

Gascón Abellán, Marina Felicia, catedrática de universidade. Universidade Castellano-Manchega.

Comisión suplente.

Presidente: Sánchez Cámara, Ignacio, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Capella Hernández, Ramón, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Vocais: Puy Muñoz, Francisco de Paula, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Iturmendi Morales, José, catedrático de universidade. Universidade complutense de Madrid.

Pérez Luño, Antonio Enrique, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.