Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de licitación de contrato de obras.

Licitación das obras denominadas: reforma e adaptación do edificio do antigo mercado para vivenda comunitaria, que se vai executar na rúa Evaristo Martelo de Vimianzo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vimianzo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría e Intervención.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reforma e adaptación do edificio do antigo mercado para vivenda comunitaria, que se vai executar na rúa Evaristo Martelo de Vimianzo.

b) Lugar de execución: rúa Evaristo Martelo de Vimianzo.

c) Prazo de execución: 12 meses, prazo previsto reducible nas condicións establecidas no prego de cláusulas-administrativas particulares. Isto é, antes do 1 de decembro de 2001 deben estar executadas e certificadas unidades de obra por importe de 2.500.000 ptas. O prazo antes sinalado de 12 meses poderá ser reducido nas ofertas presentadas a este concurso, coa limitación de que unidades de obra por importe de 12.772.257 ptas. ou a contía que resulte en función dunha eventual baixa, se executen con cargo ó exercicio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: por vía de urxencia de acordo coa xustificación que consta nos acordos corporativos.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 40.627.932 pesetas; 244.178,79 euros (IVE e demais custos incluídos).

5. Garantías.

Provisionais: 2% do tipo, isto é, 812.559 pesetas (4.833,58 euros).

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vimianzo.

b) Domicilio: praza do Concello, nº 6, C.P. 15129 Vimianzo.

c) Localidade: Vimianzo (A Coruña).

d) Teléfono e telefax: teléfono 981 71 60 01, telefax 981 71 66 50.

e) Data límite de obtención de información e documentación: o último día que resulte para achegar ofertas.

7. Requisitos específicos de contratista.

a) Clasificación.

Grupo C, subgrupo 4, categoría a).

Grupo J, subgrupo 2, categoría a).

Grupo I, subgrupo 9, categoría a).

b) Todo isto sen prexuízo de que acheguen nos termos dos artigos 16 e 17 do TRLCAP, a maiores, outros medios acreditativos de solvencia económica e financeira, así como técnica respectivamente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio normalizado de licitación no BOP da Coruña.

b) Documentación que hai que presentar: oferta económica (ver cláusula 11.2.a do prego) coas melloras que ofreza no marco do concurso como forma de adxudicación, segundo os criterios establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares. Así mesmo, achegará a documentación xeral co contido establecido no prego de cláusulas-administrativas particulares (ver cláusula 11.2.b do prego de cláusulas-administrativas particulares).

c) Lugar de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vimianzo en man, das 9 ás 14 horas. Tamén poderán presentarse proposicións por correo, e o interesado deberá acreditar, co xustificante correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle o mesmo día ó organo de contratación, por fax, télex ou telegrama a remisión da proposición. Sen cumprir tales requisitos non será admitida a proposición no caso de que se reciba fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.

O rexistro xeral do concello acreditará a recepción do referido telegrama con indicación do día da súa expedición e recepción, no libro de rexistro correspondente.

1º Entidade: Concello de Vimianzo.

2º Domicilio: praza do Concello, nº 6.

3º Localidade e código postal, 15129 Vimianzo (A Coruña).

d) Prazo durante o que o licitador debe mante-la súa oferta: 45 días naturais contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes nos termos previstos na cláusula XIV do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vimianzo.

b) Domicilio: praza do Concello, nº 6.

c) Localidade: Vimianzo (A Coruña).

d) Data: ás 12 horas do primeiro día habil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións; se cadra en sábado prorrogarase ó luns seguinte.

Tódolos interesados quedan convocados por medio deste anuncio.

10. Outras informacións.

Por obter máis información sobre a documentación administrativa ou técnica, nas dependencias municipais en horario de oficina.

11. Gastos de anuncio.

Os gastos que xere a contratación, actos preparatorios, de formalización, anuncios, impostos e demais previstos na cláusula XVII do prego serán por conta da empresa que sexa adxudicataria.

Vimianzo, 3 de outubro de 2001.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde