Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A corporación municipal, en sesión plenaria que tivo lugar o día 3-9-2001, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial do sector de SUNP IN-F (ampliación do Ceao), do PXOU vixente, solicitado por Xestión Urbanística de Lugo (Xestur Lugo).

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia con 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 10 de setembro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria habilitada

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área