Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 19 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-2213/2000, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a seguir (que non poideron ser notificadas no último domicilio coñecido, que, así mesmo, se indica) a iniciación do expediente nº 15-2213/2000 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares e achegue cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións contra o contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-2213/2000.

Inculpado: Francisco Salcines Martínez.

Domicilio: r/ Romero Donallo nº 23, 15706 Santiago de Compostela.

Motivos: obstrucción ó labor inspector.

Data da iniciación: 6-9-2001.

A Coruña, 19 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña