Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/98-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Ourense, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Niñodaguia.

Situación: Baltar.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 1.721 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 1 da L.M.T. ó C.T. Garabelos e remata no C.T. proxectado aéreo en Niñodaguia, con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de setembro de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións