Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/89-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Forxa, Faramiñas, Xocín.

Situación: Porqueira.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 24 m de lonxitude, derivada desde a L.M.T. dobre circuíto Xinzo-Farnadeiros e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kV, r/t 20.000/380-220 na Torre. Reforma e instalación dun trafo de 160 kVA ó C.T. existente en caseta na Forxa. Redes de baixa tensión derivadas dos CC.TT.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 24 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións