Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Río Cerves.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 200 m de lonxitude con orixe na L.M.T.S. ó C.T. estrada de Barra de Miño e remata na L.M.T. ó C.T. Canario logo de alimenta-lo C.T. proxectado con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V nun edificio da r/ Río Cerves.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 24 de agosto de 2001.
P.A.
Gabriel Diéguez Domínguez
Secretario provincial de Ourense