Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.471

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 11 de outubro de 2001 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios sanitarios prestados polos veterinarios oficiais, dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, durante a folga convocada pola Federación de Servicios Públicos da Unión Xeral de Traballadores-UGT-Galicia, a Federación de Administración Pública da Confederación Intersindical Galega-CIG, a Federación da Área Pública de CC.OO. de Galicia e o sector autonómico da Confederación Sindical Independiente de Funcionarios-CSIF, que se levará a efecto os días 16 e 18 de outubro de 2001.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

Nas páxinas 13.379 e 13.380, os puntos I e II deben ser substituídos polos que seguen:

«I. Os inspectores veterinarios oficiais de saúde pública de comarca cubrirán as necesidades urxen

tes ou de perentoria necesidade, entre as que se atopan alertas nivel I, intoxicacións alimentarias e actuacións especiais en establecementos de alimentación.

Ademais, realizarán en salas de despezamento e matadoiros de escasa capacidade, as tarefas necesarias para garanti-lo aseguramento das condicións sanitarias da carne que se produza nos días de folga e as situacións especiais derivadas das urxencias que poidan producir, entre as que se atopan as de benestar animal, e outras de semellante natureza.

II. Os inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiro realizarán as tarefas necesarias para garanti-lo aseguramento das condicións sanitarias da carne que se produza nos días de folga e cubrirán as situacións especiais derivadas das urxencias que poidan producir, entre as que se atopan as de benestar animal, e outras de semellante natureza».