Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.444

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 1 de outubro de 2001 polo que se convocan bolsas para a realización de estadías na oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas, dirixidas ó persoal ó servicio das entidades membros e asociados do seu padroado.

A Fundación Galicia-Europa convoca cinco bolsas para a realización de estadías que se desenvolverán na súa oficina en Bruxelas a partir do mes de xaneiro do vindeiro ano 2002, dirixidas ó persoal ó servicio das entidades membros e asociados desta institución.

A finalidade que se persegue é a de que, contando coa colaboración do persoal da fundación destinado en Bruxelas e dos contactos que a través deste se poidan establecer coas institucións comunitarias, as persoas seleccionadas afonden no coñecemento dos temas comunitarios que sexan de interese para as entidades das que dependan.

1. Características da convocatoria.

A duración de cada unha das estadías realizadas segundo este réxime non poderá ser superior a sete días.

Os cinco períodos de prácticas concedidos realizaranse ó longo do ano 2002, segundo o calendario que a Fundación Galicia-Europa estableza co obxecto de que non concorran máis de dous interesados durante o mesmo período.

A Fundación Galicia-Europa financiará os gastos de viaxe, aloxamento e manutención, ata un límite de 200.000 pesetas polo global dos conceptos, para cada unha das estadías.

2. Requisitos dos beneficiarios.

-Formar parte do cadro de persoal dalgunha das entidades membros e asociados do Padroado da Fundación Galicia-Europa (Xunta de Galicia, Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixanova, Banco Portugués de Investimento, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámaras de Comercio Galegas, Deputación da Coruña e Deputación de Pontevedra).

-Ter completado estudios universitarios de segundo ciclo.

-Acreditar un coñecemento profundo de inglés ou de francés.

3. Prazo e presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2002.

As persoas interesadas deberán dirixir un escrito de solicitude ó director da Fundación Galicia-Europa, presentándoo no rexistro ou ben remitíndoo por correo certificado con xustificante de recepción á sede da Fundación Galicia-Europa, rúa dos Feáns, nº 5-baixo, 15706 Santiago de Compostela.

A esta solicitude acompañarase currículum vitae, fotografía tamaño carné e documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria ou méritos alegados, así como unha memo

ria explicativa na que se faga consta-lo motivo polo que interesa a estadía e o obxecto do traballo que se vai realizar, con indicación das datas preferentes para a súa realización.

Así mesmo, deberá achegarse autorización asinada polo xefe de persoal ou superior competente da entidade membro de que dependa o interesado.

Para a concesión das bolsas, darase preferencia a aqueles candidatos que se ocupen de funcións que demanden unha ampliación de coñecementos en relación con temas comunitarios e que acrediten estudios ou traballos realizados neste sentido.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa