Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de subministracións, polo procedemento aberto, para a subministración de fluoroscopio para cirurxía ortopédica e traumatolóxica e lavador desinfectador de endoscopia aparello dixestivo-Plan de Necesidades de 2001. (C.235/2001).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orden do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Nº referencia expediente: C. 235/2001.

Obxecto: subministración de fluoroscopio para cirurxía ortopédica e traumatolóxica (lote 1 e lavador desinfectador de endoscopia aparello dixestivo (lote 2)-Plan de Necesidades de 2001.

Orzamento: 12.500.000 pesetas (75.126,51 A).

-Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de subministracións.

-Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

-Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

-Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

-Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta semisoto do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital JuaBn Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do sergas: http://www.sergas.es.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

-Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 3 de outubro de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña