Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 18 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo polo que se ordena a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade número 68.5/01, por presunta infracción da lexislación de costas, se nomean instructor e secretario deste e se adoptan medidas provisionais; e do prego de cargos formulado polo instructor.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I o acordo do delegado provincial desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo LC), e do seu Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da LC, aprobado polo Real decreto 1471/1989 e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante R.C.); nomeándose o persoal do Servicio de Conservación do Litoral desta delegación provincial, como instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Francisco Javier Fernández Rosendo, (Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, modificado polo Decreto

122/1999, do 23 de abril), e adóptanse as medidas provisionais especificadas.

Os nomeamentos do instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

De conformidade co establecido no artigo 42.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do

13 de xaneiro, cómpre informar-lo de que o prazo máximo establecido para a tramitación e resolución do presente expediente é de 6 meses. Transcorrido o referido prazo sen recaer resolución no expediente producirase a caducidade sen que esta implique por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interromperán o prazo de prescrición (artigos 44.2º e 92.3º da lei citada anteriormente).

Así mesmo, cómpre indicarlle que este prazo de seis meses quedará suspendido:

-Cando deba requirirse ó interesado emenda de deficiencias, achega de documentos e outros elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido.

-Cando deban solicitarse informes, desde a petición do mesmo, que deberá notificarse ó interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de tres meses.

-Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contradictorias, polo tempo necesario para a incorporación dos resultados ó expediente.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do R.C.

Pontevedra, 18 de setembro de 2001.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO I

Expediente número: 68.5/2001.

Denunciado/a: Martín Carbajal Quintana.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: r/ Hernán Cortés, nº 15-5º, Vigo.

Data do acordo: 30-8-2001.

Feitos: construcción de cuberta en vivenda con aumento de volume e construcción dun alpendre de perpiaño.

Lugar: As Mariñas.

Concello: Oia.

Medidas de carácter provisional: ordena-la inmediata paralización das obras ou actividades obxecto do presente expediente advertíndolle que, noutro caso, procederase ó seu precinto ou á retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra e a maquinaria afecta á mesma, de conformidade cos artigos 103 e 104 da LC e 194 e 195 do R.C.

Contra esta orde de paralización poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da LC e 187.1º do R.C.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25 e 26.1º da LC e arts. 46.1º e 48.1º do R.C.. e DD.TT. Cuarta. 2 c) da LC e décimo terceira 1 c) do R.C.

Preceptos sancionadores: art. 90 c) da LC e art. 174 c) do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: arts. 91.2º e) e 97.1º da LC e arts. 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C., podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.