Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/292-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T. Lourizán-Ruibal.

Situación: Concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., de 1.400 m de lonxitude, doble circuíto, desde a subestación de Lourizán ata o cambio aéreo-subterráneo en apoio da L.M.T. Lourizán-Ruibal proxectada. L.M.T. aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-110/116,2, de 726 m de lonxitude, doble circuíto, desde a L.M.T.S. proxectada ata o apoio que se substituirá na L.M.T. Marín II (derivación a C.T. Carrumal), Concello de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións, nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Pontevedra, 29 de agosto de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra