Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.422

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (172/2001).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que que no xuízo de faltas nº 172/2001 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Procedemento: xuízo de faltas 172/2001.

En Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de dous mil un.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas 172/2001, seguida por unha falta de furto, no que foron partes, alén do Ministerio Fiscal, María Luisa González González e Mario Jaime Zaraceansky Sitotky, denunciantes, e como denunciados Marcos Daniel Martínez Suárez e Andrés Paredes Arán, pronunciou a seguinte sentencia:

Decido que debo absolver e absolvo a Marcos Daniel Martínez Suárez e a Andrés Paredes Arán, con declaración das custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña-sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Marcos Daniel Martínez Suárez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de dous mil un.

O secretario

Rubricado