Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.368

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS DA COMARCA DE VERÍN

EDICTO para convocatoria do concurso de proxecto e construcción da sede do parque comarcal contra incendios e de salvamento da comarca de Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio para o Servicio contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto e construcción da sede do parque comarcal contra incendios e de salvamento da comarca de Verín.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 70.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento establecido como base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consorcio para o Servicio contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín.

b) Domicilio: praza do Concello, 1.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 46 00.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural seguinte ó

da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das que se concorra a contratación que se convoca presentaranse conforme o establecido na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: mesmos datos do punto 6.

d) Prazo durante o que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base quinta das da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: 7-9-2001.

c) Consulta de documentación: Secretaría do Consorcio.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 18 de setembro de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente do Consorcio para o Servicio contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín