Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de setembro de 2001, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00217-I-2001).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se

sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, inciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, para que lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 11 de setembro de 2001.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos da

Dirección Xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00217-I-2001.

Matrícula: C-1796-BP.

Denunciante: 3325183846L145100492.

Denunciado: Lucas, S.L.

Último enderezo coñecido: As Fontiñas-Altiboia, 16, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito denunciado: realizar transporte de mercadorías (ladrillo), co vehículo matrícula C-1769-BP que arrastra o remolque C-03267-R (tren de estrada de 5 eixes) que está provisto dunha autorización da clase MDP-comarcal, o citado vehículo está autorizado cunha MMA de 40.000 kg e presenta un peso total en báscula de 44.700 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 4.700 kg que representa un 11% de exceso sobre a MMA do vehículo.

Data: 23-5-2001.

Hora: 10.35.

Estrada: CP-701.

Pk: 9.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/1990.

Sanción proposta: 100.000 pesetas.