Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.330

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de outubro de 2001 pola que se nomean os membros do xurado do Premio José Varela de Montes de Investigación Sanitaria e do Premio para Investigadores Mozos (área sanitaria), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2001.

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de xuño de 2001 (DOG do 2 de xullo), convoca o Premio José Varela de Montes de Investigación Sanitaria e o Premio para Investigadores Mozos (área sanitaria), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2001.

Na base sexta do artigo 1 da citada orde establécese a composición do xurado que seleccionará ós candidatos. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do Premio José Varela de Montes de Investigación Sanitaria e do Premio para Investigadores Mozos (área sanitaria), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2001, ás persoas que a seguir se relacionan:

Presidente: Antonio Campos Muñoz, director xeral do Instituto de Saúde Carlos III.

Vocais:

Aniceto Charro Salgado, xefe de Servicio de Endocrinoloxía, Metabolismo e Nutrición do Hospital Universitario San Carlos (Clínico) de Madrid.

Fernando Domínguez Puente, vicerrector de Relacións Exteriores e Proxección Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela.

Francisco Reyes Oliveros, presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

Jorge Teijeiro Vidal, director da Escola de Terapia Ocupacional da Universidade da Coruña.

Julián García Sánchez, director do Instituto Complutense de Investigacións Oftalmolóxicas Ramón Castro Viejo.

África Gónzalez Fernández, directora delegada da Universidade de Vigo na Escola de Enfermería do Meixoeiro.

Secretario: Benito Fernández Rodríguez, subdirector xeral de Xestión, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que actuará con voz pero sen voto.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública