Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 3 de setembro de 2001, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación, que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións

polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Galego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real Decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixirase os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 3 de setembro de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo da Coruña

ANEXO

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

García Marín, Sandra MilenaCc66958086 pasaporteAsistencia sanitaria8-3-200135.840

Cézar Araújo, Lenira CristinaCg143992 pasaporteAsistencia sanitaria18-1-200135.840

Rengifo, Gineska EugeniaRc-9820733 pasaporteAsistencia sanitaria7-4-200137.166

Franco Gutiérrez, Wiliam94319093Asistencia sanitaria5-11-200035.840

Cabral, Thais CristinaC1278541 pasaporteAsistencia sanitaria6-4-2001/22-5-2001128.135

Vázquez Gayoso, Ana Beatriz33304181cAsistencia sanitaria12-1-2001/14-1-2001165.610

Alage Rodríguez, Natalia32691511Asistencia sanitaria7-1-200135.840

Naya Sánchez, Jesús32416147Asistencia sanitaria11-3-200135.840

Giralda Cruz, Diana Ximenacc66968974 pasaporteAsistencia sanitaria2-4-2001/4-4-200164.840