Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2001 pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, fanse públicas as adxudicacións dos seguintes contratos administrativos:

Contratación de asistencia técnica para o mantemento tecnolóxico do Centro Multimedia de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: mantemento tecnolóxico do Centro Multimedia de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 59, do 23 de marzo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Dez millóns de pesetas (10.000.000 de pesetas), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 21-5-2001.

b) Contratista.

Fujitsu ICL España.

c) Importe de adxudicación.

Dez millóns de pesetas (10.000.000 de pesetas), IVE incluído.

Subministración e instalación de dous transmisores de TV dixital terreal (TVD-T).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de dous transmisores de TV dixital terreal (TVD-T).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 63, do 29 de marzo de 2001. Corrección de erros DOG nº 68, do 5 de abril de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Sesenta e sete millóns cincocentas mil pesetas (67.500.000 pesetas), IVE incluído, distribuído en dous lotes:

Lote 1: 36.000.000 de pesetas.

Lote 2: 31.500.000 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 21-5-2001.

b) Contratista.

Lote 1: Construcciones y Montajes Eléctricos Santos Héctor, S.L.

Lote 2: Construcciones y Montajes Eléctricos Santos Héctor, S.L.

c) Importe da adxudicación.

Lote 1: trinta e cinco millóns novecentas trinta mil pesetas (35.930.000 pesetas), IVE incluído.

Lote 2: trinta e un millóns catrocentas trinta mil pesetas (31.430.000 pesetas), IVE incluído.

Contratación da subministración e instalación de dous radioenlaces SDH, STM-1 de 155 Mbps para a AGI.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de dous radioenlaces SDH, STM.1 de 155 Mbps para a AGI.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 63 do 29 de marzo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Cincoenta e oito millóns de pesetas (58.000.000 de pesetas), IVE incluído, dividido en dous lotes:

Lote 1: 29.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Lote 2: 29.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Lote 1:

a) Data: 29-5-2001.

b) Contratista: Gallega de Sistema y Telecomunicaciones, S.L.

c) Importe de adxudicación: vinteoito millóns novecentas setenta mil pesetas (28.970.000 pesetas), IVE incluído.

Lote 2:

a) Data: 29-5-2001.

b) Contratista: Gallega de Sistemas y Telecomunicaciones, S.A.

c) Importe de adxudicación: vinteoito millóns novecentas setenta mil pesetas (28.970.000 pesetas), IVE incluído.

Subministración e instalación dun codificador-decodificador de vídeo MPEG con interfaz PDH.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación dun codificador-decodificador de vídeo MPEG con interface PDH.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 85, do 3 de maio de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Quince millóns de pesetas (15.000.000 de pesetas), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 24-7-2001.

b) Contratista: Alcatel España, S.A.

c) Importe de adxudicación: catorce millóns novecentas noventa e catro mil novecentas setenta pesetas (14.994.970 pesetas), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo