Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de setembro de 2001, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións dictadas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00307-O-2001 e tres máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados/as, cos datos e últimos domicilios coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoreas, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), dictadas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións, nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados/as de domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña o 11 de setembro de 2001.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00307-O-2001

M-7038-HL

G.C. de Tráfico

José Manuel Teixeira González

Fajardo, 35-37-1º

15404 Ferrol (A Coruña)

Realizar labores de carga e descarga co vehículo sinalado, tendo a autorización de transporte caducada. Válida ata o 31-5-1999. Vindeiro visado en abril do 1999 MPC-nacional. Está descargando vehículos para o desmantelamento en Valdoviño.

18-11-2000; 13.05; AC-113; 7

Art. 103 da Lei 16/1987

e art. 158 do R.D.

1211/1990

Art. 143 da Lei

16/1987, art. 201 do

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.
XC-00570-O-2001

C-1832-CJ

G.C. de Tráfico

Cándido Manuel Lorente Cendrero

E. González López, 20-1º D

15011 A Coruña

Realizar transporte privado de mercadorías carecendo da tarxeta de transporte .

8-1-2001; 16.39; N-651; 7,500

Art. 103 da Lei 16/1987

e art. 158 do R.D.

1211/1990

Art. 143 da Lei

16/1987, art. 201 do

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00938-O-2001

M-8000-JY

G.C. de Tráfico

Rosa Pérez Ageitos

Ramón Cabanillas, 9, 1º

15701 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Circular cun camión transportando revistas de prensa desde Santiago a Benavente, carecendo da tarxeta de transporte. Presenta tarxeta MDP-N nº 56531296-0 vencida o 31-7-2000 e distintivos axeitados a ela.

11-2-2001; 17.50; N-634; 679

Art. 199 b) do R.D.

1211/1990

Art. 143 da Lei

16/1987, art. 201 do

R.D. 1211/1990

5.000 ptas.
XC-01010-O-2001

SA-8576-K

G.C. de Tráfico

Sandra Mª Docurro López

Del Pino, 16

15578 Narón (A Coruña)

Circular transportando material para construcción e ferramentas amparado por unha autorización de transporte co prazo de validez caducado con data do 1996.

6-2-2001; 8.10; AC-113; 5

Art. 103 da Lei 16/1987

e art. 158 do R.D.

1211/1990

Art. 143 da Lei

16/1987, art. 201 do

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.