Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do 4 de xuño de 1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle reformado do Burgo das Nacións (Campus Norte), que modifica o aprobado definitivamente o 25 de febreiro de 1988, promovido pola Universidade de Santiago de Compostela.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP nº 177, do día 3 de agosto de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2001.

Encarna Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións