Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Mina do Barro, Río do Porto, Muros.
Situación: Noia.
Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3x(1x240) mm Al de 1,355 m de lonxitude coa orixe no C.T. estr. de Muros e que percorrendo toda a rúa Castelao, unha remata no C.T. Río do Porto e outra no C.T. Mina do Barro, percorrendo as rúas próximas, no concello de Noia.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 24 de agosto de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións