Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.259

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e a base I.4.1. das que rexen o proceso selectivo convocado por Orde do 28 de agosto de 2001 (DOG nº 170, do 3 de setembro), corrección de erros DOG nº 179, do 14 de setembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas de aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

A lista de aspirantes admitidos atópase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia e no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Para efectos de información o teléfono de contacto é 902 12 00 12, en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Se dentro do prazo sinalado non corrixen o defecto motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Acceso libre

NomeDNIExclusión

Argiz Vallejo, María3613607432

Barcia Casanova, Juan Carlos3326930532

Barcia Casanova, Juan Roberto3328990832

González Gil, Eduardo3496910053

Novo Castro, María Isabel3332964932

Pérez González, Flora7696776332,53

Rodríguez-Cadarso de la Pena, Jaime4407598632,53,54,55,56

Trillo Rodríguez, Fco. Javier3542417032

Causas de exclusión

32. Non optar por ningún idioma comunitario.

53. Falta de DNI ou DNI incorrecto.

54. Excluído por non ter ou acredita-la idade esixida.

55. Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación.

56. Defecto de forma na presentación da solicitude.