Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Tramitado o correspondente expediente administrativo, o Pleno do Concello de Tui aprobou definitivamente, en sesión realizada o día 29 de agosto de 2001, a modificación puntual nº 4 do PXOU de Tui, variación das aliñacións sinaladas na rúa Colón, aprobándose nos termos e condicións informados favorablemente pola Dirección Xeral de Urbanismo, de conformidade co disposto na Lei 1/1997 da Xunta de Galicia.

O que se fai público para os efectos recollidos no artigo 8. d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo da Xunta de Galicia, facéndose constar que do mesmo xeito que, publicado o presente edicto no DOG e no BOP, o concello procederá á publicación no BOP das normas urbanísticas (artigo 70 da Lei básica de réxime local, modificada pola Lei 34/1994, do 30 de decembro), que non entrará en vigor ata a publicación íntegra do seu texto e transcorrido o prazo de 15 días, indicado no artigo 65.2º do mesmo corpo legal.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente o recurso de reposición ante o Pleno da Corporación o día seguinte ó da última publicación do anuncio no DOG ou no BOP.

Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou Tribunal Superior de Xustiza, se é o caso, no prazo de dous meses seguintes ó da notificación da resolución expresa do citado recurso.

Se a resolución non fose expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses, contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Así mesmo como poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, sen necesidade de interpoñer-lo recurso potestativo de reposición; sen prexuízo de que poida exercitarse, se é o caso, calquera outro que se estime pertinente.

Tui, 5 de setembro de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde