Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 27 de setembro de 2001, a modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial Área 33 en Trasfontao, promovido por este concello e redactado por Alfonso Botana Castelo e Ana Bértalo Pérez, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal o proxecto poderá ser examinado na secretaría do concello, para os efectos de presentación de reclamacións ou sexestións.
Silleda, 28 de setembro de 2001.
José Fernández Viéitez
Alcalde-presidente