Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.198

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 setembro de 2001 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores seleccionados no procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 12 de marzo) e están ocupando vacantes dotadas orzamentariamente.

Pola Orde do 8 de marzo de 2001 (DOG do 12) convocouse procedemento selectivo de acceso ó corpo de mestres, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no punto 60 da citada orde, os aspirantes que resulten seleccionados deberán realizar un período de prácticas que formarán parte do proceso selectivo e terá por obxecto a valoración da súa aptitude para a docencia.

Existindo vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios de prácticas os opositores que foron destinados a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de mestres os aspirantes que se relacionan no anexo I da Orde do 30 de agosto de 2001 (DOG do 10 de setembro) pola que se fai pública a lista

dos opositores seleccionados no proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de marzo de 2001 (DOG do 12 de marzo) para ingreso no corpo de mestres.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2001.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Cuarto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción para a percepción das remuneracións en tanto persista a súa condición de funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Quinto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas necesarias e dictará as instruccións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria