Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.160

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 13 setembro de 2001 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).

Convocada pola Orde do 29 de xuño de 2001 (DOG nº 135, do 12 de xullo) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Lacteo e Gandeiro de Galicia, en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, de conformidade co disposto no artigo 27.2º de dita lei, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no punto sexto da convocatoria, esta consellería dispón resolve-la dita convocatoria de acordo cos seguintes puntos:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se relaciona no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual da funcionaria que obtén praza producirase de conformidade co previsto na lexislación estatal, conforme co

disposto no artigo 17.2º do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarta.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO

NRP: 76.715.338.02 A2207.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Torres González, María Elvira.

Posto de traballo: Secretaria do director.

Código do posto: AG.A01.00.00015770.020.

Centro directivo: Dirección do Ilga.

Localidade: Santiago de Compostela.