Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2001, da Presidencia da Xunta Electoral de Galicia, sobre a programación de entrevistas con representantes das entidades políticas concorrentes ás eleccións ó Parlamento de Galicia.

En cumprimento do previsto na norma sexta da instrucción do 13 de setembro de 1999 da Xunta Electoral Central, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio relativo á programación de entrevistas cos representantes das entidades polí

ticas concorrentes ás eleccións do Parlamento de Galicia, que contan con representación na Cámara na última lexislatura.

As entidades políticas afectadas poden examinala e formula-los recursos procedentes, no prazo preclusivo dun día a partir do seguinte ó desta inserción, nas dependencias da Xunta Electoral de Galicia, no Pazo de Xustiza da Coruña.

A Coruña, 3 de outubro de 2001.

Jesús Souto Prieto

Presidente da Xunta Electoral de Galicia

ANEXO

A Xunta Electoral de Galicia, na reunión que tivo lugar o día 1 de outubro de 2001, tomou coñecemento das entrevistas programadas na TVE, cos candidatos á Presidencia da Xunta de Galicia, pertencentes ás forzas políticas con representación parlamentartia, con motivo das eleccións ó Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto na norma sexta de instrucción da Xunta Electoral Central, do 13 de setembro de 1999, publícase este anuncio para que:

-As entidades políticas afectadas poidan examina-la devandita programación na Secretaría da Xunta Electoral de Galicia, sita na praza de Galicia da cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día, o seguinte ó da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e formula-los recursos que xulgue pertinentes.