Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 21 de setembro de 2001 polo que se anuncia a aprobación do prego de cláusulas administrativas particulares das obras de prolongación da rede de auga nas parroquias de Felmil, Gaibor, e abastecemento na parroquia de Santalla, 1ª fase e, así mesmo, se anuncia a convocatoria do concurso para a contratación das devanditas obras.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares da obra de prolongación da rede de auga nas parroquias de Felmil, Gaibor, e abastecemento na parroquia de Santalla, 1ª fase, ponse a información pública polo prazo de oito días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria do concurso para a contratación da devandita obra; aínda que, no suposto de que se produciren reclamacións contra o prego, a contratación se aprazará ata que sexan resoltas polo órgano de contratación.

Obxecto: obras de prolongación da rede de auga nas parroquias de Felmil, Gaibor e abastecemento na parroquia de Santalla, 1ª fase.

Orzamento: 14.120.295 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 282.406 pesetas.

Garantía definitiva: 564.812 pesetas.

Prazo de execución: seis meses.

Información: oficinas municipais do Concello de Begonte.

Proposicións: deberán presentarse na secretaría xeral do concello, das 10 ás 14 horas, durante os trece días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Gastos do anuncio: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Begonte, 21 de setembro de 2001.

O alcalde

Rubricado