1. Obxecto e orzamento: servicio de xestión da subscrición, por lotes, de publicacións periódicas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de 18.800.000 pesetas (IVE incluído), equivalente a 112.990,28 euros.
2. Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2002.
4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou na páxina web: w.w.w.sergas.es.
5. Garantías: non se esixen.
6. Admisión de variantes: non se admiten.
7. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2001.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos