Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 196/2001).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T. r/ Mazote.

Situación: Ares.

Descricións técnicas: substitución de tramo de liña eléctrica de media tensión a 15 kV por tramo subterráneo entre os CC.TT. de Golmar e praia de Ares en r/ Mazote s/n de Ares, implantado: tres novos apoios de formigón para paso aéreo-subterráneo e un metálico para derivación en conductor LA-56 a Ares, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al baixo tubo, de 210 m de lonxitude en r/ Mazote, s/n. Concello de Ares.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285) do sector eléctrico, e no título VII capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 24 de agosto de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña