Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/237-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: C.T. en Xende-Xesta.

Situación: A Lama.

Descricións técnicas: C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, situado en Xesta. no concello da Lama.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra