Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.107

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para as industrias do sector de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña, para o ano 2001.

Visto o expediente do convenio colectivo para as industrias do sector de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña, para o ano 2001 (código convenio 1500805), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-7-2001 (e foi completado o día 23-7-2001), subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería da Coruña, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG o día 25-6-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galica, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicaicón no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de xullo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo para as industrias de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña. 2001.

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

Este convenio é de ámbito provincial e aplícase ás empresas que, na provincia da Coruña, se dedican á actividade de carpintería e ebanistería.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Regulará as relacións laborais entre os traballadores e as empresas incluídas no se ámbito territorial e funcional.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

Este convenio negóciase ó abeiro do convenio sectorial da madeira de ámbito estatal e vixencia dun ano (1-1-2001 a 31-12-2001), que servirá como norma complementaria no que nel non estea previsto.

(Resolución do 22-4-1996 da Dirección Xeral de Traballo, publicada no BOE do 20-5-1996).

Artigo 4º.-Revisión económica.

Para o ano 2001 establécese un incremento económico do 4%, que se revisará con efectos do 1 de xaneiro de 2001 se o IPC do ano supera o 3% no exceso.

Artigo 5º.-Denuncia e prórroga.

Establécese como día límite para a denuncia deste convenio o 31 de outubro de 2001.

Artigo 6º.-Garantía ad personam.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións laborais actualmente consolidadas no se conxunto en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste convenio nas materias obxecto de regulación.

Artigo 7º.-Comisión mixta.

Para efectos de vixilancia e control de aplicación das normas contidas neste convenio, constitúese unha comisión mixta integrada por catro representates por cada unha das partes.

Esta comisión mixta será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia da aplicación e cumprimento do presente convenio, coas seguintes funcións específicas:

-Interpretación auténtica do convenio.

-Arbitraxe dos asuntos que se lle sometan por acordo de ambas partes.

-Vixilancia do pactado.

-Seguimento da evolución das relacións das partes contratantes.

-Entender cantas cuestións tendan á maior eficacia da práctica do convenio.

-Os acordos adoptados serano pola maioría das partes e aqueles que interpreten este convenio terán a mesma eficacia que a norma interpretada.

-A comisión mixata celebrará reunións cantas veces sexa necesario e logo de acordo das partes en cando a data, lugar e hora.

-Os vocais e suplentes serán designados entre as respectivas representacións negociadoras do convenio. Poderá utilizar-los servicios de asesores en materia da súa competencia.

-A parte social e económica conveñen en dar coñecemento á comisión mixta de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos se puidesen producir como consecuencia da interpretación do presente convenio colectivo.

A composición da comisión mixta estará formada por un representante de cada central sindical e tres empresarios representantes da Asociaión Provincial de Carpintería e Ebanistería.

Capítulo II

Artigo 8º.-Condicións económicas.

As condicións retributivas do persoal efectado por este convenio serán as que conteñen as táboas que se unen como anexo e as que se regulan nos seguintes artigos.

Artigo 9º.-Recibos salarias.

As empresas entregarán ós traballadores os recibos correspondentes ós salarios mensuais, segundo modelo oficial ou outro debidamente homologado pola autoridade laboral.

As empresas poderán efectua-los pagamentos por medio de transferencia ou talón bancario.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Establécese a cantidade de cincocentas cinco pesetas para percibir por este concepto por día efectivo de traballo, con independencia de que as empresas dispoñan ou non de medios de transporte.

En caso de desprazamento, as empresas satisfarán ó persoal o servicio de transportes correspondente sen detrimento da percepción do dito complemento.

Artigo 11º.-Complemento de antigüidade.

Tódolos traballadores que teñan dereito ó complemento de antigüidade consolidado seguirano mantendo na súa contía.

Artigo 12º.-Complemento de asistencia.

Percebirase por cada día efectivo de traballo, a razón de duascentas dezaoito pesetas por día.

Artigo 13º.-Axudas de custo e desprazamentos.

Nos supostos de que o traballador por necesidades de traballo teña que efectuar comidas ou pernoitar fóra do lugar habitual, terá dereito ás seguintes percepcións:

-Pola comida: 1.400 pesetas.

-Por dúas comidas: 2.600 pesetas.

-Axuda de custo completa: 3.900 pesetas.

A partir do sétimo día de permanencia fóra do lugar de traballo, percibirá cen pesetas máis diarias. As empresas aboarán os gastos que superen o importe das axudas de custo aquí establecidas, unha vez que os xustifique o traballador.

O día de volta considerarase como axuda de custo completa. Os gastos de transporte aboaranse con independencia das axudas de custo establecida.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal e devengaranse por sementres naturais e por cada día natural en que se devengase o salario base.

Devengo de pagas: paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

As pagas extras aboaranse a razón de trinta días de salario base, antigüidade e vintecinco días de complemento de asistencia.

As empresas poderán ratea-las pagas extras en doce mensualidades a razón de cindo días por cada mes.

O importe das pagas extraordinarias será proporcional ó tempo efectivamente traballado, computándose para estes efectos o períodos de accidente laboral e enfermidade profesional.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias axustándose ós seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materia prima: realización.

c) Horas extraordinarias por: contratos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda ou outras circunstancias, sempre que non sexa posible utilizar distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas na lei.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa ou delegado de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións.

A hora extra pagarase cunha recarga do 75% sobre o valor da hora ordinaria. Por acordo entre empresa e traballador, logo de realización delas, poderán compensarse as horas extraordinarias cun período equivalente de descanso.

Artigo 16º.-Xubilación.

Establécese un premio de xubilación ós 64 anos para o persoal que leve como mínimo dez anos na empresa. Consistirá este premio no salario dunha mensualidade, antigüidade e complemento de transporte que corresponda ó traballador.

O traballador que se xubile voluntariamente con anterioridade a cumpri-los 64 anos terá dereito á percepción dos premios seguintes:

Xubilación ós 60 anos: 150 días de salario base e antigüidade consolidada.

Xubilación ós 61 anos: 125 días de salario base e antigüidade consolidada.

Xubilación ós 62 anos: 100 días de salario base e antigüidade consolidada.

Xubilación ós 63 anos: 75 días de salario base e antigüidade consolidada.

Estes premios serán compatibles coas liquidacións que a cada un lle correspondan.

A xubilación será obrigatoria para tódolos traballadores ós 65 anos, sempre que teñan dereito a percibir unha pensión, de non ser así poderán continuar na empresa ata que se xere o dereito á prestación.

Este artigo quedará en suspenso no caso de que se modifique a idade de xubilación por norma legal.

Artigo 17º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas contratarán un seguro colectivo de invalidez permanente total ou morte por accidente, durante as 24 horas, para todo o persoal afectado por este convenio, coas seguintes indemnizacións:

Por morte: 2.100.000 pesetas.

Por invalidez permanente total ou absoluta: 3.150.000 pesetas.

As empresas que contratasen a póliza correspondente cunha compañía de seguros non responderán subsidiariamente das indemnizacións, en ningún caso.

Quedarán excluídos aqueles riscos que ordinariamente as compañías de seguros non cubran.

Artigo 18º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán dun período anual de vacacións de trinta días naturais como mínimo.

A retribución delas será con base a trinta días de salario, antigüidade e complemento de asistencia equivalente ós días efectivos de traballo durante o dito período vacacional.

Nas empresas que non desfruten o período vacacional conxuntamente e, polo tanto, permanezan abertas durante os doce meses, os traballadores terán dereito a un período de vacacións de 22 días laborables, non se consideran laborables ós sábados, domingos e festivos.

Para efectos do desfrute de vacacións, o cómputo será por ano natural, tendo dereito á parte proporcional delas de non levar na empresa un ano completo, ou á liquidación correspondente polo cesamento na empresa, por calquera causa.

O calendario de vacacións establécese entre a empresa e os traballadores ou os seus representantes e deberá ser exposto como mínimo con dous meses de antelación ó inicio delas. Terán dereito preferente os traballadores cos fillos en idade escolar.

As vacacións non pederán ser compensadas economicamente e en ningún caso as percepcións poderán ser inferiores ás establecidas no artigo 57 do convenio colectivo estatal da madeira.

Artigo 19º.-Licencias retributivas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo polo tempo e condicións establecidas no anexo: cadro de licencias e permisos.

O aviso previo será sempre obrigatorio, salvo supostos e situacións excepcionais e imprevisibles que non permitan avisar previamente das ausencias; nese caso acreditarase no seu momento de forma suficiente.

Ademais das licencias que se recollen no anexo, no suposto de que un traballador acompañe ó médico ós fillos menores de 16 anos con xustificante de entrada e saída da visita, sempre que sexa imprescindible por imposibilidade do outro cónxuxe.

Capítulo III

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 1.776 horas anuais.

A xeira semanal con carácter xeral será de 40 horas. As empresas, logo de acordo cos representantes dos traballadores, poderán establecer xornadas semanais distintas, coas limitacións establecidas no artigo 43 do convenio colectivo estatal da madeira.

As empresas quedarán obrigadas a confecciona-lo seu calendario laboral que deberá especifica-las xornadas laborables e as horas de cada unha delas, ata completa-lo número de horas pactadas. As reduccións de xornada, para adaptalas ó cómputo anual, deberán acumularse, como mínimo, en medias xornadas. O calendario laboral deberá ser exposto ós traballadores no taboleiro de anuncios antes do 31 de xaneiro de cada exercicio.

Artigo 21º.-Xornada intensiva.

Aquelas empresas con traballadores que adquirisen o dereito da xornada intensiva nos meses de verán, respectarana nos seus propios termos. Nas demais poderase negocia-la súa implantación.

Artigo 22º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de accidente laboral ou enfermidade profesional legalmente recoñecida, a empresa completará a prestación económica na cantidade suficiente para equiparala á retribución salarial líquida que viñese percibindo, non incidindo a baixa no período de vacacións que teña dereito a desfruta-lo traballador.

Artigo 23º.-Capacidade diminuída.

Aqueles traballadores que por causa de enfermidade ou accidente quedasen imposibilitados para desempeña-lo posto de traballo para o que foron contratados, conservarán un dereito preferente para cubri-las vacantes que se produzan na empresa, cando as condicións físicas e intelectuais do traballador sexan adecuadas ó posto vacante.

Artigo 24º.-Traballo da muller.

Os dereitos e obrigas establecidos na lexislación laboral neste convenio afectarán por igual ó home e a muller.

As empresas están obrigadas a pagar por iguais traballos os memos salarios e complementos sen discriminación de sexo.

Para efectos de extinción do contrato de traballo por causas obxectivas, non se computarán como faltas de asistencia as dos traballadores en período de licencia por maternidade.

Artigo 25º.-Pezas de roupa de traballo.

As empresas afectadas por este convenio entregarán dúas pezas de roupa de traballo ó ano ós traballadores, unha en xaneiro e outra en xullo.

Artigo 26º.-Recoñecemento médico.

O traballador poderá asistir a consulta médica sen que se lle desconten dos seus haberes o tempo empregado, sempre que o xustifique suficientemente.

Artigo 27º.-Cláusula de desvinculación.

As empresas que tivesen perdas durante os exercicios de 1999 e 2000 e as previsións para o 2001 foran similares, poderán prescindir da aplicación dos salarios pactados neste convenio.

No prazo de dous meses desde a publicación deste convenio, as empresas que se pretendan acoller a esta cláusula deberán presenta-la solicitude á comisión mixta do convenio ante a que deberán acreditar, no caso de sociedades e empresas obrigadas pola normativa fiscal a leva-la contabilidade, as contas anuais presentadas no rexistro mercantil e as declaracións correspondentes presentadas ante a axencia tributaria. As demais empresas deberán acreditalo mediante a documentación que acredite suficientemente a súa situación a xuízo da comisión.

Poderase solicita-la presencia dos representantes dos traballadores, así como de documentación aclaratoria que se estime necesaria.

De non existir acordo no seo da comisión mixta, as partes acordan o sometemento á arbitraxe da AGA.

As empresas acollidas a esta cláusula, de acordo cos traballadores, poderán aplicar incrementos salariais menores ós aquí pactados ou, incluso, non incrementa-los salarios durante a vixencia do convenio.

Tódolos membros da comisión, así como os seus asesores, obríganse a manter na maior reserva a información recibida, observando o maior sixilo profesional.

Capítulo IV

Forma e modalidades do contrato

Artigo 28º.-Forma do contrato.

A admisión de traballadores na empresa a partir da entrada en vigor do presente convenio realizarase a través do contrato escrito, cando así o exisa a norma legal.

Así mesmo, formalizaranse por escrito as comunicacións de prolongación ou ampliación deles e o aviso da súa finalización, referidos ós contratos temporais, cando a forma legal ou convenional de aplicación así o estableza.

O contrato de traballo deberase formalizar antes de comeza-la prestación de servicios. Farase constar no contrato de traballo que deba establecerse por escrito as condicións que se parten, o grupo profesional ou categoría en que queda encadrado o traballador e o contido mínimo do contrato, así como os demais requisitos formais legalmente esixidos.

Artigo 29º.-Condicións xerais de ingreso.

O ingreso ó traballo poderase realizar de conformidade con calquera das modalidades reguladas no Estatuto dos traballadores, disposicións de desenvolvemento e no presente convenio.

As empresas estarán obrigadas a solicitar dos organismos públicos de emprego os traballadores que necesiten, cando así o esixa a lexislación vixente, mediante oferta de emprego.

Artigo 30º.-Probas de aptitude.

As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicoténicas, que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son adecuadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

Artigo 31º.-Contrato fixo de cadro de persoal.

Entenderase como contrato de traballo fixo de cadro de persoal o que se concerte entre a empresa e o traballador, para a prestación laboral durante tempo indefinido.

Capítulo V

Duración do contrato

Artigo 32º.-Período de proba.

Poderá concertarse, por escrito, un período de proba, que en ningún caso poderá exceder de:

a) Titulados técnicos superiores: seis meses.

b) Técnicos de grao medio ou sen titulación e persoal administrativo calificado: dous meses.

c) Persoal de oficio e auxiliar administrativo: un mes.

d) Resto do persoal: vinte días.

Artigo 33º.-Contrato de aprendizase.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O dito traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional relacionada co posto de traballo que vai desempeñar.

O contido do contrato, como as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito, e figuará nel de modo claro a actividade ou profesión obxecto de aprendizaxe.

En ningún caso se poderá realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorren circunstancias de tipo tóxicas, penosas, perigosas ou

nocturnas. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

A idade do traballador cun contrato destas características non poderá ser inferior a dezaseis anos nin superior ós vinteún anos.

a) A duración máxima será de tres anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

b) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a seis meses, podendo prorrogar ata tres veces por períodos como mínimo de seis meses.

c) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase a formación teórica. Concretaranse no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico.

O ensino teórico, a ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de xeito racional.

No contrato deberá figura-lo nome e categoría profesional do titor ou monitor encaragado da formación práctica. O titor deberá velar pola adecuada formación do aprendiz, así como de tódolos riscos profesionais.

O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

d) O salario que percibirá o aprendiz será o establecido no presente convenio para a dita categoría.

No caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquirida, na que constatará a duración dela.

e) Mentres subsistan os complementos extrasalariais, estes percibiranse en contía íntegra durante tódolos días que dure o contrato de traballo.

Artigo 34º.-Contrato de substitución por anticipación idade de xubilación.

Por acordo entre empresas e traballador, este poderase xubilar á idade de sesenta e catro anos e a empresa terá a obriga de contratar un traballador que o substitúa co obxecto de que o primeiro poida acollerse ós beneficios establecidos no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, ou a norma que puidese substituílo.

A representación traballadora e a empresarial pactan no presente convenio que, de calquera modo, a idade máxima para traballar será a de sesenta e cinco anos, sen prexuízo de que poidan completarse os períodos de carencia para a xubilación.

Artigo 35º.-Contratos eventuais por circunstancias da producción.

1. De acordo co que dispón o artigo 15.1º b) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e o Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, a duración máxima dos contratos eventuais por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poderá ser de ata vintecatro meses traballados dentro dun período de trinta meses.

2. Os contratos de duración inferior a seis meses poderán prorrogarse cantas veces as partes acorden, dentro deste período máximo, sen ningunha limitación temporal.

A partir dos seis meses de duración poderanse concertar prórrogas semestrais ata chegar ó período máximo de dous anos. Se non existise prórroga ó vencemento dalgún dos prazos, entenderase o contrato prorrogado ata o límite máximo de dous anos.

3. Os contratos celebrados con anterioridade á publicación do presente convenio poderase prorrogar ata os dous anos e coas condicións do presente artigo.

4. O sector da madeira, obxecto de regulación, resulta fluctuante na súa intensidade productiva en función das circunstancias conxunturais e cíclicas da economía. Esta conclusión conduce, inevitablemente, a que as posibilidades do sector se enmarquen no amplo concepto de esixencias circunstanciais do mercado que supoñen transitorias acumulacións de tarefas ou exceso de pedidos. Estas circunstancias resultan ser ciclicamente constantes no tempo e de relativa permanencia temporal dentro dos ciclos cambiantes da economía.

Por todo iso, as partes asinantes do presente convenio acordan proceder a unha adecuada regulación do contrato de traballo previsto no artigo 15.1º b) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, adaptándoo ás condicións singulares do sector da madeira mentres persistan as circunstancias de emprego e productividade.

5. Á terminación do contrato, a empresa virá obrigada a satisfacer ó traballador unha indemnización de vinte días de salario por ano de servicio ou a parte proporcional que corresponda.

6. Con independencia do establecido no parágrafo precedente, os contratos de duración inferior a catro meses non terán dereito a unha indemnización.

7. Os contratos que se celebren baixo esta modalidade conterán unha referencia expresa ó presente artigo.

Artigo 36º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

De acordo coas competencias atribuídas pola Lei 1/1995, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no seu artigo 15.1º a), as partes asinantes do presente convenio conveñen en identificar determinados traballos ou tarefas con substantivi

dade propia dentro das actividades das empresas do sector, definidas como tales no artigo 11 do convenio colectivo estatal da madeira.

En consecuencia, só se poderán realizar contratos ó abeiro do artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores, é dicir, para obra ou servicio determinados, para as seguintes actividades:

a) Traballos de reparación das instalacións.

b) Para a realización dunha obra ou servicio determinado, con substantividade propia fóra das instalacións da empresa, aínda tratándose da actividade normal dela, incluíndose os labores na propia empresa, inherentes á preparación delas.

c) Traballos de rematantes, serradores e industrias da madeira auxiliares de actividades agrícolas, tales como envases e paletas para productos hortofrutícolas.

En canto ó aviso previo e cesamento rexerá o disposto no artigo 75 do convenio colectivo estatal da madeira.

Artigo 37º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas afectadas por este convenio, cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal, garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós seus traballadores en aplicación do presente convenio. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta á disposición celebrado entre a empresas de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada por este convenio.

Táboas salariais 2001

Salario díaSalario mes

Persoal obreiro
Encargado4.503136.966
Oficial primeira4.419134.411
Oficial segunda4.333131.795
Axudante4.242129.027
Especialista4.157126.442
Peón4.078124.039

Técnicos
I. proxectista139.617
Perito136.596
A.T.S.136.596
Delineante131.421
Auxiliar analista128.659

Persoal subalterno
Ordenanza122.797
Garda e vixilante122.797

Persoal administrativo
Xefe de primeira139.617
Xefe de segunda136.596
Oficial de primeira136.596
Oficial de segunda131.421
Auxiliar128.659

Complemento de asistencia218

Complemento de transporte505

Atrasos correspondentes ó período do 1-1-2001 ó 31-5-2001: data límite de pagamento 30-9-2001

Atrasos

Persoal obreiro
Encargado28.931
Oficial primeira28.478
Oficial segunda28.025
Axudante27.421
Especialista26.968
Peón26.515

Técnicos
I. proxectista29.658

Atrasos

Perito29.078
A.T.S.29.078
Delineante28.083
Auxiliar analista27.508

Persoal subalterno
Ordenanza26.423
Garda e vixilante26.423

Persoal administrativo
Xefe de primeira29.658
Xefe de segunda29.078
Oficial de primeira29.078
Oficial de segunda28.083
Auxiliar27.508

ANEXO II

Cadro de permisos e licencias

Motivo de licenciaTempo máximoConceptos que se devengaránXustificantes

Salario

base

Pagas

extras

Comp.

Antig.

Incen

(1)

Comp.

Conv.

Comp.

Ptrab.

Comp.

non Sal.

Falecemento de

pais, avós, fillos,

netos, cónxuxe,

irmáns e sogros

Tres días naturais,

ampliables ata 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

SiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito.

Enfermidade grave

de pais, sogros,

fillos, netos,

cónxuxe, irmáns

e avós.

Tres días naturais,

ampliables ata 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

SiSiSiSiSiSiNonXustificante médico que acredite o feito.

Falecemento de

noras, xenros, cuñados e avós políticos.

Dous días naturais, ampliables ata 4 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.SiSiSiSiSiSiNonDocumento en que se acredite o feito.

Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados e avós políticos.Dous días naturais, ampliables ata 4 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.SiSiSiSiSiSiNonXustificante médico que acredite o feito.

Nacemento de fillo ou adopción.Tres días naturais,

ampliables ata 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

SiSiSiSiSiSiNonLibro de familia ou certificado do xulgado.

Matrimonio do traballador.Quince días naturais.SiSiSiSiSiNonNonLibro de familia ou certificado oficial.

Cambio de domicilio habitual.Un día laborable.SiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito.

Deber inescusable de carácter público ou persoal.O indispensable ou o que marque a norma.SiSiSiSiSiSiNonXustificante da asistencia.

Lactación ata nove meses.Ausencia dunha hora ou dúas fraccións de media hora; reducción de xornada en media hora.SiSiSiSiSiSiSiLibro de familia ou certificado de adopción.

Traslado (Art. 40 ET).Tres días laborables.SiSiSiSiSiSiNon

Matrimonio de fillos.O día natural.SiSiSiSiSiSiNonDocumento no que se acredite o feito.

Funcións sindicais ou de representación de traballadores.O establecido na norma.SiSiSiSiSiSiSiO que proceda.

(1) Medida percibida no mes anterior