Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. urbanización en Imendi.
Situación: Carballo
Descricións técnicas: por cambio de nome da L.M.T.A. a 15/20 kV de 10 m e C.T. aéreo de 25 kVA en urbanización Imendi, que era propiedade de Ignacio Mayo Pose. Concello de Carballo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 22 de agosto de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial en funcións da Coruña