Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2001 Páx. 13.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ANUNCIO do 28 de agosto de 2001 polo que se publica extracto de resolución de concesión de subvencións.

Consonte co establecido no artigo 11 do Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia procédese á publicación dun extracto das resolucións de subvencións concedidas ó abeiro das ordes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, para o ano 2001, en materia de turismo:

Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 20 de decembro de 2000 (DOG nº 250, do 28 de decembro) pola que se anuncian subvencións para a creación de establecimentos de turismo rural.

Beneficiario: Balneario Arnoia, S.L

Crédito orzamentario: 10.05.751A.770.0.

Cantidade concedida: 57.300.200 pesetas.

Finalidade da subvención: creación de establecemento de turismo rural.

Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 7 de marzo de 2001 (DOG nº 54, do 16 de marzo) pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora da oferta balneoterápica de Galicia.

Beneficiario: Natur Hotel Spa Allariz, S.A.

Crédito orzamentario: 10.05.751A.770.0.

Cantidade concedida: 360.434.600 pesetas.

Finalidade da subvención: creación de hotel-balneario.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo