Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 12.992

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001 pola que se modifica a Resolución do 10 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Industria, para a obtención de carnés profesionais no ano 2001.

Na Resolución do 10 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Industria, publicada no DOG nº 95, do 18 de maio, regúlanse, entre outras cuestións, a composición dos tribunais así como as datas e horas de realización dos exames.

Desde a publicación da citada resolución de convocatoria de exames producíronse cambios na situación administrativa de algúns funcionarios que formaban parte dos tribunais, que fai necesaria a designación de novos membros, en substitución dos que se fan constar na devandita resolución.

Así mesmo, resulta necesario modificar algunha das datas dos exames da segunda convocatoria, nun caso porque a data anteriormente fixada era un día non hábil, e no outro pola necesidade de separar en diferentes datas as probas de instalador e mantedor de calefacción e auga quente sanitaria ás que se poden presentar as mesmas persoas, o que impide a realización das probas o mesmo día.

En consecuencia, e en virtude da competencia que me atribúe o artigo 5 da Orde do 27 de decembro de 2000, da Consellería de Industria e Comercio

RESOLVO:

Primeiro.-Modifica-la data do exame de instalador e mantedor de calefacción e auga quente sanitaria

e de instalador e conservador-reparador frigorista, que se establecen na base segunda, punto 2.1. Os citados exames realizaranse nos días e horas seguintes:

-Instalador de calefacción e auga quente sanitaria: 27 de novembro, ás 9 horas.

-Mantedor de calefacción e auga quente sanitaria: 28 de novembro, ás 9 horas.

-Instalador e conservador-reparador frigorista: 16 de novembro, ás 9 horas.

Segundo.-Modificar parcialmente a composición dos tribunais números 3, 7 e 9, establecidos na base sétima, designando como secretario deles os seguintes membros:

Tribunal nº 3:

Secretaria: Lourdes Courtier Ramos.

Tribunal nº 7:

Secretaria suplente: Lourdes Courtier Ramos.

Tribunal nº 9:

Secretario: Ángel Bernardo Tahoces.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria