Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da terceira fase do Plan 2000 de parques de bombeiros e protección civil.

Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da 3ª fase do Plan 2000 de parques de bombeiros e protección civil da seguinte obra:

Proxecto: instalación de protección civil.

Lugar de execución: Narón.

Orzamento: 24.262.597 pesetas, (145.821,14 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: C-2, 4, 6, 7-c.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 18 de setembro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial da Coruña