Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/276-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de distribución rúa Eduardo Cabello, 63.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña BAL 7.32, alimentando o centro de distribución que se proxecta na rúa Eduardo Cabello 63, rematando na mesma liña. L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña BAL 7.32, na avda. Beiramar, alimentando o centro de distribución existente Santo Domingo e rematando na mesma liña. L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 145 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña BAL 7.32 na avda. Beiramar, alimentando o centro de distribución existente de Aucosa e rematando na mesma liña. Toda a instalación está situada no concello de Vigo. Centro de distribución con 3 liñas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 1 de agosto de 2001.

P.D. (Resolución 20-7-2001)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra