Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Espiñeira II.
Situación: Cangas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 949 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente Aldán ata o C.T. que se proxecta en Espiñeira II, no concello de Cangas. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 75 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. R.B.T. subterránea, de 581 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 31 de xullo de 2001.
P.D. (Resolución 20-7-2001)
Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra