Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, estudio de impacto ambiental e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A 26/1999).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (BOE nº 241), Decreto 80/2001, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal (DOG nº 75), e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG nº 136), polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, o estudio de impacto ambiental e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Eólicos Touriñán, S.A.

Domicilio social: lugar de Ruibo, s/n, 15270-Cee (A Coruña).

Denominación: parque eólico Touriñán IV.

Concellos afectados: Monfero, Irixoa e Aranga.

Potencia que se vai instalar: 24,75 MW.

Características técnicas:

-33 aeroxeradores de 750 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 50 m de altura e rotores de 3 pas de 48,4 m de diámetro.

-33 transformadores, situados no interior dos fustes de 900 kVA y tensiones de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 35 MVA e relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación 20/0,24 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15701-A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Touriñán IV poderase examinar nos concellos de Monfero, Irixoa e Aranga e nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña.

Así mesmo, o proxecto sectorial do parque eólico poderase examinar nos concellos de Monfero, Irixoa e Aranga e nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, podendo presentarse cantas alegacións se

considerasen pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 20 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña