Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.956

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2001, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27 de abril).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 10 de outubro de 2001, ás 10 horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidadee á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 5 de outubro de 2001, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 12 de setembro de 2001.

Vicente Ortega Castro

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretario xeral do Consello de universidadees

ANEXO

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

* Concursos convocados por resolución da universidade da Coruña 4-6-2001 e (BOE do 21-6-2001)

Concurso nº 01/008.

Nº sorteo: 44.349.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: teoría e historia da educación.

Presidente titular: Agustín Escolano Benito.

Vocal secretario titular: Julio Ruíz Berrio.

Concurso nº 01/011.

Nº sorteo: 44.350.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: Félix Ramón Doldán Tie.

Vocal secretario titular: Ángel Santiago Fernández Castro.

Concurso nº 01/012.

Nº sorteo: 44.351.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: Félix Ramón Doldán Tie.

Vocal secretario titular: M. Luz Gómez Rodríguez.

Concurso nº 01/013.

Nº sorteo: 44.352.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: microbioloxía.

Presidente titular: M. Concepción Herrero López.

Vocal secretario titular: Julio Ernesto Abalde Alonso.

Concurso nº 01/014.

Nº sorteo: 44.353.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Luis Pedro Pedreira Andrade.

Vocal secretario titular: Fernando Rey Míguez.

Concurso nº 01/015.

Nº sorteo: 44.354.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química orgánica.

Presidente titular: José María Quintela López.

Vocal secretario titular: Carlos Jiménez González.

Concurso nº 01/016.

Nº sorteo: 44.355.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química inorgánica.

Presidente titular: José Sordo Rodríguez.

Vocal secretario titular: Antonio Juan Suárez Bueres.

Concurso nº 01/017.

Nº sorteo: 44.356.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: métodos de investigación e diagnóstico en educación.

Presidente titular: Eduardo Abalde Paz.

Vocal secretario titular: Raquel Amaya Martínez González.

Concurso nº 01/018.

Nº sorteo: 44.357.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: biblioteconomía e documentación.

Presidente titular: Mercedes Caridad Sebastián.

Vocal secretario titular: Juan José Fuentes Romero.

Concurso nº 01/020.

Nº sorteo: 44.358.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación.

Presidente titular: Ramón González Cabanach.

Vocal secretario titular: Antonio Valle Arias.

Concurso nº 01/021.

Nº sorteo: 44.359.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: M. Carmen Guisán Seijas.

Vocal secretario titular: Matilde Arranz Pérez.

Concurso nº 01/009.

Nº sorteo: 44.360.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: Félix Ramón Doldán Tie.

Vocal secretario titular: Fernando C. Ruiz Lamas.

Concurso nº 01/022.

Nº sorteo: 44.361.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: construccións arquitectónicas.

Presidente titular: Mariano de las Heras Fernández.

Vocal secretario titular: Ramón Rodilla del Barrio.