Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.941

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2001, conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se adxudican as axudas correspondentes ó programa de investigación mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas no anexo II da Orde do 3 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de abril).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 3 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de abril) aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en recursos e tecnoloxías mariñas (anexo II) correspondente ó programa de investigación mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 8 do anexo II, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros da comisión que serán designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación e polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión,

RESÓLVESE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en recursos e tecnoloxías mariñas ás empresas que se rela

cionan no anexo desta resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo que foron admitidas para participar neste concurso entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a avaliación favorable.

Terceira.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 3 de abril de 2001 (DOG do 20 de abril) suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarta.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional

Estas axudas concédense ó amparo do disposto no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 3-4-2001,P.D. (Orde 3-4-2001,

DOG do 20 de abril)DOG do 20 de abril)

Joaquín Mariño CadarsoMiguel Ángel Ríos Fernández

Director xeral de FormaciónSecretario xeral de

Pesqueira e InvestigaciónInvestigación e Desenvolvemento

ANEXO

EMPRESACÓDIGO

DA AXUDA

TÍTULOPERSOALANOS2001

(MILES

PTAS.)

2002

(MILES

PTAS.)

2003

(MILES

PTAS.)

2004

(MILES

PTAS.)

TOTAIS

(MILES

PTAS.)

CENTRO

PAGADOR

ASOCIACIÓN NACIONAL DE FABRICANTES DE CONSERVAS DE PEIXES E MARISCOS (ANFACO)PGIDT01MAR01EDESENVOLVEMENTO DUN EQUIPO DE CONTROL DE PECHE POR ANÁLISE DE IMAXESI12.9251.9254.850CPMA

ASOCIACIÓN NACIONAL DE FABRICANTES DE CONSERVAS DE PEIXES E MARISCOS (ANFACO)PGIDT01MAR02EDESENVOLVEMENTO DUN SISTEMA CENTRAL DE CONTROL E ADQUISICIÓN DE DATOS NA INDUSTRIA CONSERVEIRA DE PEIXES E MARISCOSSI14.4001.9006.300CPMA

INSUIÑA, S.L.PGIDT01MAR03ECARACTERIZACIÓN E OPTIMIZACIÓN DUN SISTEMA DE RECIRCULACIÓN DE AUGA EN INSTALACIÓNS DE ACUICULTURA.NON12.4652.2254.690CPMA 2001

SXID 2002

LBS TELECOMUNICACIONES, S.L.PGIDT01MAR04ESATPESGA: SERVICIO DE APOIO POR TELEDETECCIÓN ÁS PESQUEIRAS DE CERCO DE GALICIA.SI21.3502.7001.3505.400CPMA 2001

SXID 2002

SXID 2003

RONAUTICA, S.A.PGIDT01MAR05EPROTOTIPO DE BATEASI31.2452.6002.6001.2007.645CPMA 2001

SXID 2002

SXID 2003

SXID 2004

SANTIAGO MONTENEGRO CAMPOS, S.L.PGIDT01MAR06EVALORIZACIÓN DOS CONDRICTIOS COMO FONTE DE PROTEINAS DE ALTO VALOR ENGADIDOSI23.6253.5502.2259.400CPMA 2001

SXID 2002

SXID 2003

EMPRESACÓDIGO

DA AXUDA

TÍTULOPERSOALANOS2001

(MILES

PTAS.)

2002

(MILES

PTAS.)

2003

(MILES

PTAS.)

2004

(MILES

PTAS.)

TOTAIS

(MILES

PTAS.)

CENTRO

PAGADOR

STOLT SEA FARM, S.A.PGIDT01MAR07EMARCADORES XENÉTICOS HIPERVARIABLES PARA A IDENTIFICACIÓN INDIVIDUAL E ASIGNACIÓN DE PARENTESCO NUN PROGRAMA DE SELECCIÓN XENÉTICA DE RODABALLO (SCOPHTHALMUS MAXIMUS)SI31.6852.3002.3001.2007.485CPMA 2001

SXID 2002

SXID 2003

SXID 2004

* CPMA: CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

* SXID: SECRETARÍA XERAL DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO