Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de restauración, limpeza e mantemento do Albergue Xuvenil Benigno Quiroga e o Campamento Xuvenil A Devesa.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Lugo.

c) Número de expediente: 14/20001.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: contratación dos servicios de restauración, mantemento e limpeza das instalacións xuvenís de Portomarín e A Devesa da provincia de Lugo.

b) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 105, do 31 de maio de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 26.698.500 pesetas, IVE engadido (160.461,22 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 19 de xuño de 2001.

b) Contratista: Eurest Colectividades, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe: 26.698.500 pesetas (160.461, 22 euros).

Lugo, 19 de xuño de 2001.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo