En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 312/2000, do 28 de decembro,
RESOLVO:
Facer público que, por razón da urxencia e das necesidades do servicio a satisfacer xustifícase, logo
da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito na rúa Valiño, nº 63-65, de Santiago de Compostela, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda